CONCILIA NA PASCUA e OBRADOIROS CREATIVOS. 29, 30, 31 de marzo e 5 de abril.
Coa finalidade de facilitar a conciliación das ocupacións laborais e familiares, por primeira vez, o concello de Ribadavia, en colaboración con Centro de Ensinanza Bolboretas e Estudio Arte, oferta actividades de conciliación educativas e lúdicas durante as mañás non festivas de Pascua, e Obradoiros culturais creativos polas tardes.
PRAZO DE INSCRICIÓN: A PARTIR DO 23 DE MARZO.
As inscricións deberán realizarse de maneira presencial e non se admitirá ningún abono de matrícula anterior á formalización da devandita inscrición.
Cada persoa poderá inscribir soamente a membros dunha mesma unidade familiar e outra persoa máis de fóra desta unidade familiar.
Non será preciso que quen acuda a realizar a inscrición sexa familia directa, sempre que cumpra cos requisitos anteriormente descritos.
CONCILIA NA PASCUA.
As actividades de conciliación serán de mañá, de 9:30 a 13:30 horas. No antigo CEIP Plurilingüe de Ribadavia (PICUXA).
Prezos:
Censados: 15€
Non censados: 20€
Inscricións en Centro de Ensinanza Bolboretas e Estudio Arte.
OBRADOIROS CREATIVOS.
Actividades creativas ofertadas para as tardes non festivas, a partir de 6 anos de idade e sen límite máximo de idade. En horario de 16:00 a 19:00 horas, en quendas de 45 minutos. Realizaranse na Madalena, podendo ser na praza Buxán se o tempo o permite.
Prezos para cada obradoiro:
Censados: 5€.
Non censados: 10€.
Prezo para pack de 4 obradoiros:
Censados: 15€.
Non censados: 20€.
Inscricións en Centro de Ensinanza Bolboretas e Estudio Arte.
E se desexas inscribirte nas actividades de mañá e de tarde, conxuntamente:
Prezos:
Censados: 20€
Non censados: 40€.