Dentro do calendario de actividades en prol de igualdade dende o Concello de Ribadavia levarase a cabo o vindeiro día 11 de febreiro ás 18:00h no Centro Sociocomunitario una actividade de dinamización co apoio da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia co nome “IGUAL A NÓS”.
“IGUAL A NÓS” exponse coma un espazo de encontro cos obxectivos de mellorar a calidade de vida das mulleres fomentando a participación social e o encontro entre mulleres como mecanismo de mellora a autoestima persoal e grupal.
Trátase dunha actividade de dinamización e sensibilidade en igualdade e prevención da violencia de xénero dirixida a mulleres adultas, especialmente ás de maior idade.
“IGUAL A NOS” pretende ademais sensibilizar e concienciar as persoas para a ruptura de estereotipos de xénero existentes.
A iniciativa ten tamén coma finalidade mellorar a calidade de vida das mulleres e potenciar o uso das novas tecnoloxías coma ferramenta de comunicación e formación.
A actividade consta dunha representación escénica dirixida a abordar conceptos de igualdade e prevención de violencia de xénero, empregándose como eixo vertebrador as novas tecnoloxías, especialmente o móbil; e unha reflexión grupal e coloquio onde se poidan expoñer as súas inquedanzas e reflexións.
As persoas interesadas poden inscribires no enderezo electrónico se**************@ri*******.gal ou no telefono 988472403.
Compartir