ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA EXTRAORDINARIO NO CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA, PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2023-2024

O CONSERVATORIO PROFESIONAL E A ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE RIBADAVIA, INFORMA:

ABRÉSE O PRAZO DE MATRÍCULA EXTRAORDINARIO, PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2023-2024, QUE ABRANGUERÁ DENDE O DÍA 1 ATA O 7 DE SETEMBRO, EN HORARIO DE 10.30 A
13.00, NA SECRETARÍA DO CENTRO.

ESPECIALIDADES INSTRUMENTAIS QUE SE IMPARTEN NO CONSERVATORIO PROFESIONAL E A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA:

*PIANO
*GUITARRA
*VIOLÍN
*VIOLA
*CLARINETE
*FRAUTA
*SAXOFÓN
*TROMPETA
*TROMBÓN
*TROMPA
*TUBA
*BOMBARDINO
*PERCUSIÓN

 

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA:

*MÚSICA E MOVEMENTO:

A PARTIR DE 3 ANOS ATA 5 ANOS.

PARA OS NEN@S DE 3 ANOS, A MATRÍCULA SERÁ GRATUITA, PARA AQUELES QUE ESTÉN EMPADROADOS EN RIBADAVIA.

*INSTRUMENTO:

DENDE 6 ANOS EN DIANTE, SEN LIMÍTE DE IDADE.

*PREINICIACIÓN O INSTRUMENTO:

PARA NEN@S DE 6 ANOS.

*INICIACIÓN O INSTRUMENTO:

PARA NEN@S DE 7 ANOS.

FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

*LINGUAXE MUSICAL,ORQUESTRA DE CORDAS, BANDA , CORO, COMBO DE MÚSICA MODERNA, INFORMÁTICA MUSICAL, HARMONÍA, HISTORIA DA MÚSICA, ETC…

Para máis información chamar o teléfono 618 745 794 ou 988471900, ou ben dirixirse a SECRETARÍA DO CENTRO situada no 2 piso da casa da Cultura ,avenida Redondela S/N.

 

Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir