O CONSERVATORIO PROFESIONAL e a ESCOLA MUNICIPAL DE
MÚSICA DE RIBADAVIA informa:
Aberto o PRAZO DE MATRÍCULA para o vindeiro curso 2020/2021,
desde o día 15 ó 30 de Xuño en horario de 10:30 a 13:00h.
Este ano, debido a situación na que nos atopamos, ós alumn@s que
estiveron matriculados no Centro o curso pasado , enviarémosvos a
vosa matrícula cuberta co importe a aboar ( segundo os datos cos que
cubristedes o boletín de preinscripción), ó voso teléfono, a través de
whasapp.
Unha vez recibido o MODELO DE IMPRESO, podedes facer una
transferencia bancaria ,co concepto e cantidade a aboar, ou ben facer o
pago a través de caixeiro , ou se o preferides, ir a sucursal bancaria de
,ABANCA ,e facer o pago que se vos indica . As familias que ademáis
,queiran facer a DOMICILIACIÓN BANCARIA dos seguintes prazos de
matrícula, deberán cubrir o modelo de impreso que vos enviaremos para
o mesmo, con todos os datos cubertos que nel aparecen e firmado,polo
titular da conta
Logo, só tedes que facerlle fotos a:
– O RECIBO PAGADO ou comprobante de transferencia
– O MODELO DE MATRÍCULA ,cuberto con TODOS os datos persoais do
alumno,
-e se é o caso, (para aqueles que así o escollan ),o MODELO DE
DOMICIALIACIÓN bancaria cuberto para os seguintes prazos do curso.
E ENVÍAR AS FOTOS, ó seguinte número de teléfono
618745194, ou ben a través do correo do centro
cm************************@ed*.es.
Para os ALUMNOS DE NOVO INGRESO, ou si tedes calquer dúbida ou
algún problema, podedes chamar ós teléfonos 988471900- 618745194 ,
ou dirixirvos á Secretaría do Centro, situada no segundo piso da Casa de
Cultura de Ribadavia- avda de Redondela s/n en horario de 10:30 a 13:00
horas.
Recordámosvos que para os NENOS de 3 anos a matrícula de música e
movemento, segue sendo GRATUITA, para todos aqueles que estén
empadroados no Concello de Ribadavia.
Moitas grazas pola vosa colaboración.