Os vindeiros días 6, 7 e 8 de outubro. Todas as persoas maiores de 16 anos interesadas
en aprender o idioma inglés poden matricularse nalgún dos niveis ofertados:
- Iniciación A1
- Básico A2 (acceso desde A1 ou con título ESO),
- Intermedio B1 (acceso desde A2 ou con título de bacharelato)
- Intermedio B2.2 (acceso desde B2.1).
Tamén é posible o acceso a través de outras titulacións de Inglés (Cambridge , TOEFL, …).
Os estudos na EOI permiten obter o certificado oficial que acredita a competencia lingüística.
Nos días de matrícula presencial o horario da EOI na sección de Ribadavia será
6 e 7 de outubro: de 10.00h a 13.00h.
8 de outubro: de 16.00h a 20.00h.
Máis información na páxina web da EOI de Ourense (sección Ribadavia) ou nas redes sociais.
Compartir