Co gallo de fomentar a cultura do viño, o vencello ás tradicións e a natureza a semana pasada os escolares dos Colexios Rurais Amencer do Concello de Ribadavia (San Cristovo de Regodeigón,Francelos e San Paio) , realizaron saídas á contorna para vendimar acompañados polos seus mestres e familiares. É unha das actividades que levan a cabo todos os anos con moito éxito xa que os cativos disfrutan enormemente do contacto coa natureza e sérvelles para adquirir novos coñecementos relacionados coa vendima e a elaboración do viño, de vital importancia nesta zona.
A actividade completase coa elaboración de viño feito polos propios alumnos que se engarrafará de cara a primaveira que servirá de agasallo e coma homenaxe aos valores que fomentan o traballo en equipa, o compañeirismo, a aprendizaxe e gosto polas tradicións e cultura propia.