ACTUACIÓN DA GARDA REAL NO CONCELLO DE RIBADAVIA

O Concello de Ribadavia acollerá na tarde de mañá venres, día 19 de maio de 2017, unha exhibición a cargo da Garda Real, que nestes días está a visitar a provincia de Ourense.

A actividade, que terá lugar a partir das 20.00 h na zona da Veronza nova, contará con exhibicións de exercicios de escolta, Caballería e Artillería. Tamén se levará a cabo unha pista infantil.

Dende o Concello de Ribadavia convídase a todos os veciños de Ribadavia e da comarca do Ribeiro ao acto pois é algo novidoso e histórico, xa que a Garda Real desprázase unha vez cada ano a unha provincia española, para amosar as súas capacidades, sendo este ano a provincia de Ourense a elexida.

destrezas_caballo_grande

 

Vídeo da Guardia Real

 

Compartir

Check Also

Cartel da campaña de doazón de sangue en Ribadavia o venres 30 de outubro

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE DÍA 30 DE OUTUBRO

A unidade móbil de doazón de sangue da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos …

Idioma / Language »