Publícase o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o procedemento de alleamento mediante poxa á alza para a venda forzosa do inmoble sito na Travesía Oliveira (referencia catastral 0625418NG7802S0001GT), por incumprimento das obrigas relativas á edificación, conservación e rehabilitación.
O tipo base de licitación é de 121.154,42 euros. O prazo de presentación das solicitudes de participación será de quince días hábiles a contar desde o seguinte á publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Concello de Ribadavia Concello de Ribadavia