ENQUISA SOBRE A PARTICIPACIÓN SOCIAL NO PLAN ESTRATÉXICO DE TURISMO DE RIBADAVIA

O Concello de Ribadavia está en proceso de elaboración do Plan Estratéxico de Turismo, o cal ten como obxectivo marcar a liña directriz turística para os próximos anos, co propósito de converter o municipio nun destino turístico consolidado e competitivo, mantendo o seu encanto rural e poñendo en valor os seus recursos e patrimonio cultural e natural.

Por iso, para a correcta elaboración deste plan é imprescindible contar coa opinión e colaboración da poboación local de Ribadavia. É por iso que, a continuación, atoparán un conxunto de preguntas coa intención de coñecer e analizar a percepción da actividade turística no municipio.
O prazo de participación remata o 17 de xaneiro de 2024.
As respostas serán completamente anónimas.
Compartir

Check Also

Cartel da campaña de doazón de sangue en Ribadavia o venres 30 de outubro

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE DÍA 30 DE OUTUBRO

A unidade móbil de doazón de sangue da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos …

Idioma / Language »