25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Dende o Concello de Ribadavia queremos manifestar a nosa máxima condena e repulsa contra toda a violencia de xénero acaecida neste 2020, ano singularmente complexo polo COVID 19, que conlevou paa a muller un maior sometemento a nivel psicolóxico, sanitario e económico.

Recordamos nestas verbas a todas as víctimas mortais deste ano, 41 en toda España, das que 2 foron en Galicia.

Dende esta entidade queremos expresar o noso apoio os fillos, fillas, familiares, amigos, amigas e veciñanza que sufriron de cerca esta lacra social en toda a Comunidade Autónoma galega, en España e que sexa extensible a todas as víctimas do mundo.

No Concello vimos realizando distintas accións e actividades para provomover a igualdade entre homes e mulleres e previr a violencia contra a muller, nos distintos ámbitos de poboación, dende a infancia, mozos e mozos, adultos e adultas e persoas maiores.

As accións desenvolvéronse o longo de todo o ano e de xeito máis intenso se cabe no de mes de novembro.

Compartir

Check Also

Cartel da campaña de doazón de sangue en Ribadavia o venres 30 de outubro

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE DÍA 30 DE OUTUBRO

A unidade móbil de doazón de sangue da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos …

Idioma / Language »