Ribadavia participa da iniciativa Unha Árbore por Europa.
Isto é unha iniciativa de Equipo Europa que conta co apoio das Oficinas do Parlamento Europeo no Estado. A campaña busca que todos os concellos planten cando menos unha árbore como símbolo do seu compromiso coa sostibilidade local e a loita contra a deforestación en Europa. En 2021 ampliouse a campaña a toda Europa.
Desta forma, foméntase o lema “Unha Acción Local con Impacto Global”. Ademais, Equipo Europa é una asociación formada por xente nova, polo que tamén desde o concello quixemos involucralos, realizando a plantación a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil.
Compartir