Unha iniciativa europea da que forman parte máis de 7.000 entidades
As cidades signatarias comprométense a actuar para apoiar a aplicación do obxectivo europeo de reducir os gases de efecto invernadoiro nun 40% ata o 2030 e adoptar un enfoque común para promover a mitigación e adaptación ao cambio climático.
Para traducir o seu compromiso político en medidas e proxectos prácticos, os signatarios do Pacto comprométense a presentar, un Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sustentable (PACES) que describe as accións clave que se pretenden realizar. Este valente compromiso político marca o inicio dun proceso a longo prazo no que as cidades comprométense a supervisar a implementación dos seus plans cada dous anos.
Ribadavia será receptora de 5.274 € en base a este Plan De Acción, para poder adoptar medidas en base ao compromiso adquirido coa sinatura deste Pacto.
A Orixe do Pacto dos Alcaldes
No Pacto Europeo dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía agrúpanse miles de gobernos locais que de forma voluntaria comprométense a implantar os obxectivos en materia de clima e enerxía da UE.
O lanzamento do Pacto dos Alcaldes tivo lugar en 2008 en Europa co propósito de reunir aos gobernos locais que voluntariamente se comprometeron a alcanzar e superar os obxectivos da UE en materia de clima e enerxía.
A iniciativa non só introduciu un enfoque innovador nas accións relacionadas co clima e a enerxía, senon que o seu éxito superou enseguida todas as expectativas.
A iniciativa inclúe agora máis de 7000 autoridades locais e rexionais de 57 países que aproveitan os puntos fortes dun movemento que involucra a multiples actores e conta co apoio técnico e metodolóxico de oficinas dedicadas.
O Pacto Mundial dos Alcaldes aproveita a experiencia obtida durante os últimos 8 anos en Europa e nas rexións circundantes, e desenvolve os factores clave do éxito da iniciativa: o seu goberno desde as bases, o seu modelo de cooperación a varios niveis e o seu patrón de actuación directamente impulsado polo contexto.
Expansión mundial
Dende 2017, foron establecéndose oficinas rexionais do Pacto en América do Norte, América Latina, Caribe, China e o Sudeste Asiático, India e Xapón para complementar ás xa existentes.
https://pactodosalcaldes.gal/gl/vision-e-compromiso