RIBADAVIA CELEBRA O DÍA DO LIBRO DURANTE TODA A SEMANA CON DESCONTOS NAS SÚAS LIBRARÍAS.

Esta semana en Ribadavia celebramos A SEMANA DO LIBRO, do 17 ao 23 de abril.

 

 

Con motivo do Día do Libro, o 23 de abril, Ribadavia celebra  a Semana do Libro, unha iniciativa do Concello de Ribadavia que consiste en descontos do 20% en libros de lectura que se merquen nas librarías do municipio.

O obxecto desta campaña para animar á lectura a todas as veciñas e veciños investindo en cultura.

Este desconto aplicaráselle ao cliente, e non suporá ningún custe para as librarías ou editoriais, xa que este importe será asumido integramente polo Concello de Ribadavia, co obxectivo de contribuír a dinamizar o comercio local e o fomento da lectura entre a poboación.

 

  • O desconto do 20% será aplicable á merca de libros de lectura (ficción, ensaio, banda deseñada) excluíndo revistas, xornais, material escolar e resto de produtos á venda nas propias librarías.

 

  • A oferta será acumulable a outras ofertas que poida haber nos propios establecementos. Ao tratarse dunha oferta especial, non se admitirá a devolución dos libros que sexan mercados a través deste desconto.

 

  • As librarías de Ribadavia nas que se poderá gozar deste desconto do 20% durante A SEMANA DO LIBRO son: Librería Mafranch, Libraría Follas Novas e Libraría Goyma.

 

Desde o Concello de Ribadavia queremos animar á veciñanza á que participe desta oferta para disfrutar da lectura e dinamizar o comercio local.

Compartir

Check Also

AVISO: INSPECCIÓN TÉCNICA DE TURISMOS

Inspección técnica de turismos Lugar: Polígono Industrial de San Cristovo. Ribadavia. Días: do 27/06/2024 ao …