RESOLUCIÓN DO 7 DE FEBREIRO DO DOG POLA QUE SE CONVOCAN PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPTENCIAS CLAVE.

Dog16/02/2022

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

Obxecto O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento TR306A).

Así mesmo, cómpre establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.

Competencias clave que se convocan

Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

  1. Comunicación en lingua galega.

  2. Comunicación en lingua castelá.

  3. Comunicación en lingua estranxeira (inglés).

  4. Competencia matemática.

Requisitos de participación

1. Poderán presentarse ás probas para a obtención do certificado de superación das competencias clave necesarias para o acceso á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade, tanto do nivel 2 como do nivel 3, as persoas que cumpran os dous seguintes requisitos:

a) Maiores de 16 anos ou que os teñan feitos en 31 de decembro do ano natural en que se celebran as probas;

b) Non estar en posesión de ningún dos requisitos de acceso á formación dos certificados de profesionalidade establecidos no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 15 de xaneiro).

2. No anexo III desta resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional a que se refire o punto anterior.

Presentación de solicitudes e prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 7 de abril de 2022.

Máis info: dog 16/02/2022

Compartir

Check Also

AVISO: INSPECCIÓN TÉCNICA DE TURISMOS

Inspección técnica de turismos Lugar: Polígono Industrial de San Cristovo. Ribadavia. Días: do 27/06/2024 ao …