O pleno do Concello de Ribadavia, na súa sesión ordinaria de data de 28 de Marzo de 2019 adoptou o seguinte acordo:
Considerando que con data de 28 de febreiro de 2019 o pleno do concello de Ribadavia adoptou o seguinte acordo: que o Concello de Ribadavia proceda ao Nomeamento de fillo predilecto de Ribadavia a título póstumo, a Don Xosé Carlos Gómez Alfaro. Seguindo o Regulamento de honras e distincións do Concello de Ribadavia de 29 de xuño de 2012
Visto o Regulamento de Honras e Distincións do Concello de Ribadavia que no seu artigo 4 prescribe:” O título de fillo predilecto outorgarase a aquela persoa física que, nacendo no Municipio, demostrara calidades, méritos persoais , ou servizos prestados en beneficio ou honra de Rivadavia e que alcancen consideración indiscutible no concepto público.”
Tramitado o procedemento establecido no Regulamento de Honras e Distincións do concello de Ribadavia.
ACÓRDASE :
Nomear a don Xosé Carlos Gómez Alfaro Fillo Predilecto do concello de Ribadavia.