XI CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA

 

Para a inscrición accede a esta LIGAZÓN: https://www.carreirasgalegas.com/…/xi-carreira…/Ll7x8YmO

O domingo 22 de Novembro, terá lugar a Undécima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se realizará sobre un circuito semiurbano, de 10 km. para a categoría absoluta.

A saída e meta, para todas as categorías será na Praza Maior. A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas con chegada na Praza Maior. As categorías: Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello cunha distancia de 700 m., estas catro probas disputaranse a partires das 11:05 horas mentres se disputa a categoría absoluta.

Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido, ás 12:20 disputarse a competición para as categorías Sub 08 e ás 20:25 a de Biberóns.

Estará organizada polo Concello de Ribadavia / Consello Municipal de Deportes, e coa Coordinación Técnica da Federación Galega de Atletismo.

Na web www.deportesribadavia.es e www.carreirasgalegas.com pódese consultar o REGULAMENTO.

Compartir

Check Also

Cartel da campaña de doazón de sangue en Ribadavia o venres 30 de outubro

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE DÍA 30 DE OUTUBRO

A unidade móbil de doazón de sangue da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos …

Idioma / Language »