NOVEMBRO EN RIBADAVIA
Dende o Concello de Ribadavia, implicámonos activamente e reafirmamos o noso compromiso firme contra todo tipo de violencia machista.
NON PODEMOS PERMITIR QUE SIGA HABENDO MULLERES ASASINADAS A MANS DAS SÚAS PARELLAS!
TOLERANCIA CERO ante esta barbarie que arrinca vidas de mulleres e tamén das súas fillas e fillos.
TOLERANCIA CERO ante esta barbarie que arrinca vidas de mulleres e tamén das súas fillas e fillos.
Sabemos que unha das armas máis poderosas para erradicar a violencia de xénero é a EDUCACIÓN.
Debemos rexeitar e eliminar, dende idades temperás, todas aquelas actitudes e comportamentos que fomenten o sexismo e a desigualdade.
Debemos rexeitar e eliminar, dende idades temperás, todas aquelas actitudes e comportamentos que fomenten o sexismo e a desigualdade.
O Concello de Ribadavia di alto e claro:
Contra a Violencia de Xénero — Nin unha máis, nin unha menos!!
Contra a Violencia de Xénero — Nin unha máis, nin unha menos!!
Compartir
Concello de Ribadavia Concello de Ribadavia
