O Concello de Ribadavia reinicia o programa de “Talleres de Memoria e Animación Social”
O Concello de Ribadavia volve a comezar de novo co programa de “Talleres de Memoria e Animación Social”, a partir do luns 18 de setembro.
Trátase dunha actividade para persoas maiores que se levará a cabo en 5 poboacións do propio concello:
Centro Social da Franqueirán: Luns de 16:00 a 18:00 H (inicio o 18 de setembro)
Centro Social de San Paio: Martes de 16:00 a 18:00 H (inicio o 19 de setembro)
Centro Social de San Cristovo: Mércores de 16:00 a 18:00 H (inicio o 20 de setembro)
Centro SocioComunitario Ribadavia: Xoves de 16:00 a 18:00 H (inicio o 21 de setembro)
Centro Social de Francelos: Venres de 16:00 a 18:00 H (inicio o 22 de setembro)
Esta acción de envellecemento activo ten entre outros os seguintes obxetivos xerais:
- Previr pérdidas e optimizar recursos amnésicos: previr a aparición e desenvolvemento de trastornos da memoria, diminuir as preocupacións que xenera, proporcionar información, entrenamento e orientación.
- Promover o benestar subxetivo: aprender a examinar os propios sentimentos e pensamentos, controlar o estado de ánimo, aumentar as actividades positivas e minimizar as negativas, mellora-la autoestima e a confianza, controlar as respostas ante sucesos negativos, previr a aparición de problemas relacionados coa depresión e a ansiedade.
- Promover as relacións interpersoais: aumentalas en cantidade e calidade, proporcionar ferramentas para solventalos conflictos, fomentar a participación grupal e o sentimento de cohesión.
- Educación para a saúde: informar sobre comportamentos saudabres, prevención de trastornos a través do exercicio, manter a capacidade física, promover o benestar global.
Desenvolveránse entre outras as seguintes actividades:
- Memorísticas:
Fichas (analoxías, anagramas, resistencia á fatiga, dilemas, cálculo, lóxica, xuicios prácticos, quebracabezas, xogos específicos de memoria…).
Animación a lectura (en voz alta, creación de textos…).
Terapia social (traballos manuais, pintura, murais…).
- Entrenamento sensorial e mellora da autoestima
- Ximnasia terapéutica e relaxación
- Xornadas divulgativas: relacionadas con saúde, prevención da soidade, e prevención de roubos e seguridade nas persoas maiores.