Talleres de Memoria e Animación Social 2025

O Concello de Ribadavia e a asociación Solidaridade Interexeneracional colaboran no desenvolvemento dos
“Talleres de Memoria e Animación Social”. O inicio da actividade será o vindeiro
luns 22 de setembro de 2025.

Trátase dunha actividade de envellecemento activo e prevención da soidade non desexada, para persoas maiores de 55 anos,
que se levará a cabo en cinco núcleos de poboación do propio concello:

  • Centro Social da Franqueirán: Luns de 16:00 a 18:00H (inicio o 22 de setembro)
  • Centro Social de San Paio: Martes de 16:00 a 18:00H (inicio o 23 de setembro)
  • Centro Social de San Cristovo: Mércores de 16:00 a 18:00H (inicio o 24 de setembro)
  • Centro SocioComunitario Ribadavia: Xoves de 16:00 a 18:00H (inicio o 25 de setembro)
  • Centro Social de Francelos: Venres de 16:00 a 18:00H (inicio o 26 de setembro)

Obxectivos da actividade

  • Previr perdas e optimizar recursos mnésicos: previr a aparición e desenvolvemento de trastornos da memoria,
    diminuír as preocupacións que xenera, proporcionar información, adestramento e orientación.
  • Promover o benestar subxectivo: aprender a examinar os propios sentimentos e pensamentos, controlar o estado de ánimo,
    aumentar as actividades positivas e minimizar as negativas, mellorar a autoestima e a confianza, controlar as respostas ante sucesos negativos,
    previr a aparición de problemas relacionados coa depresión e a ansiedade.
  • Promover as relacións interpersoais: aumentalas en cantidade e calidade, proporcionar ferramentas para resolver conflictos,
    fomentar a participación grupal e o sentimento de cohesión.
  • Educación para a saúde: informar sobre comportamentos saudables, prevención de trastornos a través do exercicio,
    manter a capacidade física e promover o benestar global.

Actividades previstas

  • Memorísticas: fichas (analoxías, anagramas, resistencia á fatiga, dilemas, cálculo, lóxica, xuízos prácticos, quebracabezas, xogos específicos de memoria…),
    animación á lectura (en voz alta, debates, creación de textos…), terapia social (traballos manuais, pintura, murais…).
  • Adestramento sensorial e mellora da autoestima
  • Ximnasia terapéutica e de relaxación
  • Xornadas divulgativas: relacionadas con saúde, prevención da soidade, prevención de roubos e seguridade nas persoas maiores.

Compartir

Check Also

Subvencións para o impulso da innovación e sostibilidade do comercio local e artesanal

A Xunta de Galicia lanza novas subvencións para impulsar a modernización do noso sector comercial …

Idioma / Language »