SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO

As actuacións de rehabilitación estenderanse, exclusivamente, á Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Ribadavia.

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións quen asuma a responsabilidade da execución integral do ámbito de actuación, xa sexan as propias administracións públicas, os propietarios únicos de edificios de vivendas ou os inquilinos autorizados polo propietario, as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e os consorcios e entes asociativos de xestión

Con carácter xeneral, serán subvencionables:

a) Obras de conservación e/ou adecuación estrutural e de seguridade dos edificios.

b) Obras de mellora da calidade e sustentabilidade.

c) Obras de adecuación das vivendas e dos seus accesos á normativa vixente de accesibilidade.

d) Outras obras que impliquen adaptar os edificios, as vivendas e as súas instalacións aos novos estándares establecidos pola nova normativa de aplicación, aínda nos casos nos que a dita normativa non obrigue á súa execución.

A contía máxima das subvencións será do 35% do orzamento protexible e unha contía máxima de 11.000 € por vivenda.

O prazo de solicitude rematará o día 16 de xaneiro de 2016.

Pode consultar as bases aquí.

Compartir

Check Also

CONCILIA NO NADAL

23,24,25,26,27, 30 E 31 DE DECEMBRO, 2,34 7 DE XANEIRO. PARA NENOS NENAS DE 3 …