A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica no DOG nº 18 do día 25/01/2018 as subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa APROL-Economía Social) para o ano 2018.
Entidades beneficiarias:
As cooperativas e sociedades laborais para o programa I e as persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para o programa II.
Obxecto e finalidade:
Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través dos seguintes programas:
Programa I, dirixido a fomentar a incorporación, como persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, de persoas desempregadas, de traballadores e traballadoras con carácter temporal e de persoas socias a proba.
Programa II, dirixido a fomentar o acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como o fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas, a través do financiamento das achegas económicas ao capital social.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o día 1 de outubro de 2018.
Pode consultar as bases da convocatoria premendo aquí.