A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica no DOG nº 23 do día 1/2/2018 as subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais para o ano 2018.
Beneficiarios/as
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exerceren a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE 124, do 20 de maio; p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
– Que estean dadas de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal do solicitante.
– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
Acutacións subvencionables:
Implantación de solucións dixitais para a adaptación das empresas comerciais e artesanais ás novas tendencias do mercado
a) A implantación ou actualización de páxinas web comerciais e a mellora da imaxe en liña dirixidas á comercialización dos seus produtos.
b) A loxística dixital a través do deseño e implantación dun packaging para a venda en liña adecuado ás características do produto e á imaxe e identidade da empresa comercial ou artesanal, dirixidas á mellora da comercialización e da imaxe.
c) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.
d) Os servizos de xestión de redes sociais. A axuda consistirá nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolverá en colaboración coa Federación Galega de Comercio, durante o ano 2018.
Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo.
a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.
b) Adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
Prazo de presentación de solicitudes: rematará o día 2 de marzo de 2018.
Pode consultar as bases íntegras da convocatoria premendo aquí.