Axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia que ten por obxetivo axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas mozas desempregadas que figuren inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da garantía xuvenil e que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, Incentivar a contratación por conta allea que ten por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e o financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, a través da contratación durante sete meses de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
Persoas beneficiarias
Programa I: poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.
Programa II: poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas e empregadores, con centros de traballo en Galicia, que realicen unha contratación indefinida inicial, unha contratación temporal ou unha transformación en indefinido dun contrato temporal subvencionado ao abeiro deste programa con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
Programa III: poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas neste programa as entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos, sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Tres liñas ou programas dentro da axuda:
- Programa I (emprego autónomo)
- Programa II (fomento da contratación por conta allea)
- Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro)
Prazo de presentación de solicitudes
- Para os Programa I e Programa II regulados nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2017.
- Para o Programa III regulado nesta orde será dun mes desde a súa publicación no DOG.
Pode consultar as bases da convocatoria premendo aquí.