A Axencia de Turismo de Galicia ven de publicar as bases das subvencións a entidades privadas para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento en Galicia.
Entidades beneficiarias: As entidades ou empresas que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT) o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda.
Poderán ser obxecto de subvención os seguintes investimentos:
– Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
– Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
– Actuacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
– Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.
– Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións, así como embelecemento do contorno.
– Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento.
Prazo de presentación de solicitudes: remata o día 24 de febreiro de 2018.
Prazo de xustificación da subvención: O prazo para xustificar a subvención será o 31 de outubro de 2018.
Pode consultar as bases da subvención premendo aquí.