RIBADAVIA CELEBRA A SEMANA DO LIBRO EN GALEGO NAS SÚAS LIBRARÍAS.
Celebrarase do 15 ao 21 de maio.
Con motivo das Letras Galegas, o 17 de maio, Ribadavia celebra a Semana do Libro, unha iniciativa do Concello de Ribadavia que consiste en descontos do 20% en libros de lectura que se merquen nas librarías do municipio.
O obxecto desta campaña para animar á lectura a todas as veciñas e veciños investindo en cultura.
Este desconto aplicaráselle ao cliente, e non suporá ningún custe para as librarías ou editoriais, xa que este importe será asumido integramente polo Concello de Ribadavia, co obxectivo de contribuír a dinamizar o comercio local e o fomento da lectura entre a poboación.
- A axuda do 20% será aplicable á merca de libros de lectura en galego (ficción, ensaio, banda deseñada) excluíndo revistas, xornais, material escolar e resto de produtos á venda nas propias librarías.
- A oferta será acumulable a outras ofertas que poida haber nos propios establecementos. Ao tratarse dunha oferta especial, non se admitirá a devolución dos libros que sexan mercados a través deste desconto.
- As librarías de Ribadavia nas que se poderá gozar da SEMANA DO LIBRO son: Librería Mafranch, Libraría Follas Novas e Libraría Goyma.
Desde o Concello de Ribadavia queremos animar á veciñanza á que participe desta oferta para disfrutar da lectura e dinamizar o comercio local.