- Este servizo levarase a cabo todos os días lectivos co horario de 8:00 a 9:00 horas. O Concello poderá ampliar o horario (dende as 07:30 horas) en función do número de solicitantes que o precisen.
O Concello de Ribadavia pon en funcionamento o “Servizo de Familias madrugadoras”, que ten a finalidade de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, permitindo ós pais e nais que comezan a sua xornada laboral en horario anterior ó inicio das actividades lectivas no CEIP Pluriligüe Ribadavia e no CRA Amencer, deixar ós seus fillos e fillas no centro escolar ata o comezo das clases.
O “Servizo de Familias madrugadoras”, desenvolverase nas instalacións do CEIP Pluriligüe Ribadavia, no lugar que en dito recinto se destine o efecto de conformidade coa dirección do centro.
O alcalde de Ribadavia, César Fernández, afirmou que “poñemos en marcha este servizo cumprindo un dos compromisos adquiridos no noso programa electoral. Unha das razóns fundamentais de implementar este servizo é facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos pais e nais de Ribadavia, pero agradamos que este servizo sirva para crear un ecosistema favorable no que máis familias novas decidan emprender o seu proxecto vital en Ribadavia”.
Este servizo levarase a cabo todos os días lectivos co horario de 8:00 a 9:00 horas. O Concello poderá ampliar o horario (dende as 07:30 horas) en función do número de solicitantes que o precisen.
Para o almorzo os nenos/as deben incorporarse ó Servizo como mínimo 30 minutos antes do inicio das clases.
O número total de prazas será de 25. Os criterios de preferencia para a adxudicación das prazas e na creación dunha lista de agarda son os seguintes:
1º) Que todos os membros figuren empadroados no Concello de Ribadavia.
2º) As unidades familiares onde ambos proxenitores estean traballando, e a súa xornada laboral coincida co horario do servizo.
3º) Neno ou nena con discapacidade igual ou superio ó 33%.
4º) Data de solicitude.
Unha vez esgotadas as prazas existentes crearase unha listaxe de agarda na que se inscribirá ós nenos/as por os mesmos criterios de prioridade.
Para o curso lectivo 2019/20 o prazo de solicitudes será dende o 6 ó 20 de setembro de 2019 a realizar no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.
E o inicio do servizo será o vindeiro 30 de setembro.
Os prezos do Servizo serán:
Empadroadas/os | Non empadroadas/os | |
Por un neno/a | 35€/mes | 65€/mes |
Por segundo ou máis irmáns | 25€/mes | 45€/mes |
Familias numerosas/monoparentais | 25€/mes | 45€/mes |
Para unidades familiares con ingresos inferiores a 900€ (Salario Mínimo Interprofesional):
Empadroadas/os | Non empadroadas/os | |
Por un neno/a | 25€/mes | 45€/mes |
Por segundo ou máis irmáns | 15€/mes | 35€/mes |
Familias numerosas/monoparentais | 15€/mes | 35€/mes |
Características da prestación do Servizo
- a) Servizo de acollida e vixilancia dos escolares participantes.
As actividades que se leven a cabo relacionaranse con áreas lúdicas e socioculturais non indispensables para a consecución de obxetivos curriculares e facilitarán o desenvolvemento persoal e social dos nenos.
Os nenos realizarán diferentes actividades segundo a idade e os intereses: actividades de carácter lúdico-didáctico, animación lectora, traballo persoal… Ademais, fomentaranse os valores do respecto e a colaboración.
- b) Servizo de almorzo.
O almorzo consistiría de forma básica e diaria en leite, cacao e galletas, cereais e/ou froita.
Cada neno dispoñerá dunha bolsa de aseo con cremalleira na que depositará os útiles para o cepillado e hixiene dos dentes.
- c) No caso de nenos e nenas que necesiten trasladarse dende o centro onde se desenvolve o Servizo de Madrugadores a outro centro escolar, o Concello facilitará os medios necesarios dentro das súas posibilidades, sempre que o precisaran máis de 3 nenos/as.