RIBADAVIA CELEBRA O MES DO LIBRO

Con motivo do Día do Libro, o 23 de abril, Ribadavia celebra a Mes do Libro.
Unha iniciativa que consiste en descontos do 20% en libros de lectura que se merquen nas librarías do concello: Follas Novas, Mafranch e Goyma na semana do 22 ao 28 de abril, ademáis leváranse a cabo varias actividades na Bibliblioteca Municipal do Concello de Ribadavia dedicadas sobre todo aos máis pequenos.
Programación da Biblioteca Municipal para o mes de abril, mes dos libros:
– Durante todo o mes: Exposición e mostra bibliográfica “SOS Océanos”. Profundizamos nos obxetivos 14 ( Conservación dos océanos) e o 12 (Produción e consumo responsable, reciclaxe) da Axenda 2030, proxecto que iniciamos en outubro de 2023.

-Todo o mes: Maleta viaxeira “Explorando os Océanos” de CEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. Consulta en biblioteca.

– 2 de abril, Dia do Libro Infantil: Contacontos de Maquinaria Teatro “Que contan as árbores”. Nenos do CEIP Plurilingüe de Ribadavia.
-23 de abril, Dia do Libro: Teatro Calavera “Animaladas”. Nenos do CRA Amencer.
-24 de abril: Visita nenos do CEIP de Carballeda de Avia, con contacontos igualdade.
-Entrega de premios os Guardiáns Axenda 2030 que durante estes meses levaron libros relacionados co Proxecto.
O obxecto desta campaña é animar á lectura ademáis de dinamizar.
Compartir

Check Also

Actividades do 8M en Ribadavia

    Actividades polo Día Internacional da Muller en Ribadavia. Compartir