RIBADAVIA CELEBRA A PRIMEIRA EDICIÓN DO TORNEO DE FÚTBOL SALA FEMININO “CONCELLO DE RIBADAVIA”

  • O torneo celebrarase o 3 de setembro e no mesmo participarán, ademais do equipo anfitrión Ribeiro do Avia, dous equipos de primeira división coma o Ourense Envialia e o Poio Pescamar.

 

Ribadavia, 23 de agosto de 2019.- Ribadavia celebrará, o vindeiro 3 de setembro, a primeira edición do torneo de fútbol sala feminino “Concello de Ribadavia”; un torneo no que participarán, ademais do equipo anfitrión Ribeiro do Avia, dous equipos de primeira división nacional coma o Ourense Envialia, que quedou terceiro na primeira división nacional na pasada temporada; e o Poio Pescamar, que rematou en quinto lugar nesta mesma categoría.

 

O torneo foi presentado na mañá de hoxe no Concello de Ribadavia polo alcalde, César Fernández, acompañado da presidenta do Ribeiro do Avia, Sandra Veleiro, e outras compoñentes da directiva e da plantilla de xogadoras.

 

O torneo celebrarase o vindeiro 3 de setembro no polideportivo municipal “O Consello”. Celébrarase un primeiro encontro ás 18:30 entre o equipo anfitrión Ribeiro do Avia e o Ourense Envialia C, ámbolos dous equipos que compiten na liga provincial. Posteriormente, a partir das 20:15, terá lugar o encontro entre os equipos de primeira división Ourense Envialia e Poio Pescamar.

 

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, agradeceu ao clube de fútbol Ribeiro do Avia a súa iniciativa de organizar un torneo coma este xa que “permite que Ribadavia sexa o vindeiro 3 de setembro punto de referencia do fútbol feminino en Galicia, ao congregar equipos do máis alto nivel do fútbol sala feminino nacional.”

1ª Torneo Fútbol Femenino

Compartir

Check Also

PROGRAMA DA SEMANA SANTA EN RIBADAVIA 2024

Comezan o próximo día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, destinado a nenos de 6 …