REXISTRO PÚBLICO DE DEMANDANTES DE INMOBLES MUNICIPAIS DE RIBADAVIA.

Que é?

É un rexistro que ten como finalidade facilitar a xestión e o control no proceso de compra- venda que o Concello de Ribadavia quere levar acabo cos seus inmobles, para a súa venda pública, garantindo a publicidade, concorrencia e transparencia de ditos procesos.

Obxectivo de inscribirse no Rexistro?

As persoas interesadas en adquirir algún dos inmobles poderán inscribirse no Rexistro. Para elo deberán indicar o destino e finalidade do mesmo: Primeira vivenda, segunda residencia, negocio- explotación comercial, o outras (indicar cal).

Como podo inscribirme no Rexistro?

A inscrición no Rexistro pódese facer de dúas formas:
– Mediante inscrición telemática ou presencial, no Rexistro do Concello de Ribadavia. É recomendable que para facer este tipo de inscrición se solicite telefonicamente unha cita previa co servizo de urbanismo no número de teléfono 988477100.
– Mediante presentación da solicitude nos demais lugares permitidos pola Lei 39/2015.

Que datos deben indicarse na solicitude de Rexistro?
Na solicitude indicaranse, necesariamente, os seguintes datos:
a. O inmoble no que se está interesado, podendo sinalar un máximo de catro con criterio de preferencia entre eles.
b. Actividade á que vai destinado, no caso de vivenda, indicar si é primeira vivenda en propiedade á cal se quere optar.
c. A composición familiar ou convivencial con indicación, de ser o caso, de posuír o carné de familia numerosa xeral ou especial, se é unha familia monomarental ou monoparental, así como se na unidade familiar ou convivencial existe algunha persoa dependente.

A intención deste Rexistro é orientar e facilitar ao Concello de Ribadavia no vindeiro proceso que se porá en marcha para a venda pública de varios inmobles situados no casco histórico de Ribadavia.

Inmobles e solares:
Para levar a cabo o proceso de venda pública o Concello elaborará un Prego Público con criterios obxectivos, garantindo a publicidade, concorrencia e transparencia de dito proceso. A intención é realizar dito proceso coa maior dilixencia posible.
Os inmobles referidos de titularidade municipal que se atopan no Casco histórico, son:
Rúa dous Fornos nº11-13.
Rúa dous Fornos nº 15.
Rúa dous Fornos nº 17.
Rúa San Martiño nº13/Xerusalén.
Rúa Extramuros nº 52.
Rúa Fornos nº 22.
Rúa Fornos nº 24.
Rúa Fornos nº 26.

O alto custe destas rehabilitacións fai inviable a posibilidade de reforma ou rehabilitación a cargo das Administracións públicas exclusivamente.
A pesar desta circunstancia, desde o Concello temos a decisión de dinamizar e poñer en marcha a reforma e rehabilitación da totalidade de ditos inmobles. Así, a través da colaboración pública-privada pretendemos darlle unha solución á totalidade destes inmobles e, de paso, facer unha contribución importante á recuperación deste enclave, resolvendo o problema que supón que inmobles de propiedade municipal se atopan en mal estado na zona monumental de Ribadavia.

    

     

     

     

 

       

 

 

 

Compartir

Check Also

Axuda Material Escolar

  O Concello de Ribadavia convoca Axudas de Material Escolar para o Curso escolar 2024-2025. …