Dog 16/02/2022
Consellería de Cultura, Educación e Universidade RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).
Condicións das persoas aspirantes
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. 3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2021-2022 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2021-2022 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
Forma, lugar e prazos de presentación
Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 17 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.
Realización das probas
As probas constarán de tres partes, correspondentes aos tres ámbitos en que se organizan as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 20 de maio e 2 de setembro de 2022 para as respectivas convocatorias.
Máis info:
– Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
988243834