RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación.

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Formación para o
Emprego e Orientación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias
clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de
cualificación (código de procedemento TR306A).
Obxecto
O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o
acceso ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de
cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR306A).
Así mesmo, cómpre establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas
competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados de
profesionalidade. Artigo 2.
Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias
clave:
– Comunicación en lingua galega.
– Comunicación en lingua castelá.
– Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
– Competencia matemática.
Presentación de solicitudes e prazo
1. Para participar nestas probas deberase presentar unha solicitude segundo o modelo do
anexo I desta resolución.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario
normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos
lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo
común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos
de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o
sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
As persoas interesadas con discapacidade recoñecida cun grao igual ou superior ao 33%, no
caso de solicitaren adaptacións, teñen que o indicar na solicitude de inscrición nos recadros
do bloque de persoas con algunha discapacidade.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao
da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Mais información servizo de orientación laboral
DOG 10/01/2022
Concello de Ribadavia
988477100

Compartir

Check Also

CONCILIA NO NADAL

23,24,25,26,27, 30 E 31 DE DECEMBRO, 2,34 7 DE XANEIRO. PARA NENOS NENAS DE 3 …