O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE RIBADAVIA,
AVISO
A TODOS AQUELES INTERESADOS EN REALIZAR PROBAS DE AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE.
QUE:
No DOG do día 7 de marzo de 2017 a Consellería de Economía, Emprego e Industria segundo a RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
PRAZO PRESENTACIÓN: O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 24 de marzo de 2017.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https.//sede.xunta.gal./chave365).
MÁIS INFORMACIÓN: SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DE RIBADAVIA, PREGUNTAR POR MERCE OU INÉS