PROGRAMACIÓN DE ENTROIDO. 2023

O Concello de Ribadavia convídate a vivir o ENTROIDO de Ribadavia, participando das actividades, gozando da música, dos disfraces e das nosas tradicións.

 

PROGRAMACIÓN:

XOVES 9 DE FEBREIRO:

COMPADRES. A partir das 20:30 horas.

XOVES 16 DE FEBREIRO:

Desfile do centro educativo CEIP Plurilíngüe Ribadavia. Hora: 11:30. Desde o IES o Ribeiro ata a Praza Maior.

Comparsa e charanga dos alumnos do Conservatorio Profesional e Escola Municipal de Música Ribadavia. Ás 16:30, desde a Casa da cultura e percorrendo as rúas da Vila ata rematar na Praza Maior.

COMADRES. A partir das 21:00 horas.

VENRES 17 DE FEBREIRO:

Desfile do centro educativo Galiña Azul. Hora: 10:30. Desdes a escola ata a Praza Maior.

Desfile do CRA Amencer. Hora: 11:00. Fontiña Mariña.

VENRES 17 E SÁBADO 18 DE FEBREIRO:

Obradoiro de recuperación do traxe e máscara tadicional do Ribeiro: A BOTARGA. A partir de 10 anos. Lugar: Club Artístico. Hora: 19:00. Máis info e inscrición en om************@gm***.com.

DOMINGO 19 DE FEBREIRO:

Desfile de Entroido de comparsas e carrozas. Inlúese no desfile a recuperación do disfraz da Botarga, os TABALEIROS DA ISTORIA, a CHARANGA SORCHA e a MEKANIKA ROLLING BAND. Percorrido: desde o Instituto ata a Praza Maior. Horario: a partir das 17:00 horas. Consulta aquí as bases para participar no desfile: bases desfile.

LUNS 20 DE FEBREIRO:

Festa de Disfraces do Club Artístico. Hora: 16:30.

Concerto BROKEN PEACH, na Alameda. Hora: 22:30 horas.

MARTES 21 DE FEBREIRO:

FESTA E CONCURSO DE DISFRACES. Praza Maior. A partir das 15:30 horas. Con categoría infantil, adulta e grupal. Bases en: concurso de disfraces.

Tamén coa Actuación de Cé Orquestra – Home Orquestra DJ Bollo e DJ Tibu. Haberá orellas de Entroido para os participantes.

MÉRCORES 22 DE ENTROIDO:

Enterro da Sardiña. Dende o lugar de sempre á hora de sempre.

Compartir

Check Also

Pregos  poxa inmoble por incumprimento de obrigas urbanísticas

PLIEGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE HAN DE REGIR EL PROCEDIMIENTO DE ENAJENACIÓN SUBASTA AL …