O Concello de Ribadavia e a Deputación de Ourense firmaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do “Programa termal contra a soidade non desexada”.
Este programa vai destinado as persoas maiores de 50 anos que viven soas dentro do Concello de Ribadavia, para que poidan acudir ó Balneario de Arnoia durante un periodo de 7 meses, o longo deste ano 2025.
Constará dunha sesión de balneario cada semana, para comezar a partir do 10 de marzo. Prezo 34€/mes. As sesións serán os luns en horario de 11:00 a 12:00 horas.
O prazo de solicitude: ata 26 de febreiro.
Solicitudes e máis información: no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia e no Tfno.: 988472403.
O obxetivo principal deste programa é diminuir a soidade non desexada fomentando a participación en grupos e comunidade, e o mesmo tempo mellorar a calidade de vida e saúde das persoas maiores que viven soas. Así mesmo con esta iniciativa potenciase o uso as augas termais da Comarca do Ribeiro.