Programa Galeuropa 2019 coa OMIX do Concello de Ribadavia

CONVOCATORIA 2019 OMIX DO CONCELLO DE RIBADAVIA

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para proxectos de mobilidade
transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos para a realización de prácticas
formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos
Os programas de mobilidade para a mellora das competencias profesionais dos/as mozos/as
constitúe unha das medidas incluídas na liña de actuación principal de mellora da
empregabilidade e encádranse no catálogo de actuacións recollidas no Sistema nacional de
garantía xuvenil (SNGX). A mobilidade por tanto, ten un efecto positivo, tanto na formación
como na adquisición de experiencia oportuna para a incorporación ao mercado de traballo.
Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas
estranxeiros que aumenten a empregabilidade dos mozos e mozas.

A OMIX do Concello de Ribadavia participa no proxecto GALEUROPA en calidade de concello
beneficiario dunha axuda, no que poderán participar 12 mozos e mozas menores de 30 anos, para
a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou
privadas de Portugal (4 bolsas), Italia (4 bolsas) e Bulgaria(4 Bolsas).
A mocidade participante poderá realizar prácticas laborais non remuneradas de 2 meses e 15 días,
correndo a cargo do programa o apoio lingüístico, a viaxe, aloxamento e manutención na cidade
das prácticas.

Os obxectivos xerais deste proxecto son:
• Mellorar e ampliar as cualificacións profesionais e ocupacionais da mocidade
• Mellorar as súas competencias interculturais
• Mellorar o dominio de linguas estranxeiras
• Desenvolvemento persoal das habilidades e competencias sociais e laborais.
• Promover intercambios e redes de colaboración transnacionais
• Reforzar a identidade europea da mocidade e divulgar o acervo da comunidade europea.
• Incentivar as actitudes positivas cara a internacionalización de sectores económicos
territoriais e oportunidades de emprego e auto emprego.
• Recoñecemento/validación das destrezas e coñecementos adquiridos nas mobilidades.

REQUISITOS

IMPORTANTE: PARA A PRE SELECCIÓN TERÁN PRIORIDADE OS CANDIDATOS QUE
NO PRESENTAN SOLICITUDES TAMÉN PARA A MODALIDADE INDIVIDUAL
(DIRECTAMENTE A XUNTA)

As persoas destinatarias das mobilidades deberán cumprir os requisitos esixidos no Sistema
nacional de garantía xuvenil.

1. Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos de inscrición no ficheiro do SNIGX:
-Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro
-Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
Para inscribirse no SNGX:

http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/home.html

2. Ter entre 18 e 30 anos. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a
inscrición no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.
IMPORTANTE: No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema
nacional de garantía xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo,
considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que
comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.

MOBILIDADES
DESTINO N.º DE
MOBILIDADES
DURACIÓN SAÍDA VOLTA
PORTUGAL 4 2 MESES E 15 DÍAS 01/09/2019 15/11/2019
ITALIA 4 2 MESES E 15 DÍAS 01/09/2019 15/11/2019
BULGARIA 4 2 MESES E 15 DÍAS 01/09/2019 15/11/2019
CONTIDOS DA BOLSA

• Aloxamento: O participante terá cuberto o seu aloxamento durante os 3 meses en pisos
compartidos, en cuartos individuais ou dobres;
• Viaxe e Manutención: O participante obterá un diñeiro de peto durante a súa estanza como
axuda á súa manutención e outros gastos que poidan xurdir no desenvolvemento das
prácticas.
Os transportes locais no país de destino (viaxe diario ao lugar de realización das prácticas) non
son considerados como gastos de viaxe e quedan incluídos na partida de aloxamento e
manutención.
• Preparación pedagóxico/cultural/lingüística: é un curso de adaptación á lingua do País de
destino de 1 semana de duración en destino;
• Prácticas en empresas: 3 meses de prácticas non remuneradas en empresas.
• Seguimento durante toda a estanza: O/a participante terá unha titoría por parte do socio de
acollida e do ente coordinador (OMIX do Concello de Ribadavia) durante toda a estanza.
• Seguro Privado de accidente, repatriación e responsabilidade civil a terceiros.

INCOMPATIBILIDADES DAS AXUDAS

Estas axudas son incompatibles con calquera outro tipo de axudas ou bolsas de institucións
públicas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a actividades
similares. A incompatibilidade aplícase ao ano de referencia de obtención da axuda para a
realización do proxecto de mobilidade.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes de mobilidade presentadas polos mozos e mozas deben ir acompañadas de:
Solicitude modelo oficial OMIX do Concello de Ribadavia

SELECCIÓN

IMPORTANTE: Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultasen beneficiarias
en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.
A selección das persoas participantes nas mobilidades farase conforme os principios de
publicidade e concorrencia competitiva, atendendo como mínimo aos seguintes criterios de
valoración:
Establecerase unha puntuación máxima de 9,5 puntos no proceso selectivo, tendo en conta uns
criterios mínimos de avaliación, que son:

1º. Mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen,
sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida con anterioridade á data da
presentación da solicitude: 2 puntos.
2º. A antigüidade no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma como persoa
beneficiaria no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes de cada
convocatoria de Galeuropa: ata 1,20 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrito.
3º. Valorarase a maior idade fronte á menor, tendo en conta a idade no día que finalice o prazo de
presentación de solicitudes: ata 1,40 puntos, distribuídos do seguinte xeito:

• Maiores de 28 anos: 1,40 puntos.
• De 26 a 27 anos: 1,20 puntos.
• De 24 a 25 anos: 1 punto.
• De 22 a 23 anos: 0,80 puntos.
• De 20 a 21 anos: 0,60 puntos.
• De 18 a 19 anos: 0,40 puntos.

4º. Persoas en risco de exclusión social: 1,90 puntos.

No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os
criterios de desempate serán os seguintes:

1º. En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do punto precedente na mesma
orde en que están establecidos.
2º. En segundo lugar, igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número
de solicitudes.
3º. Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.

XUSTIFICACIÓN DAS BOLSAS

1. Certificado emitido pola empresa/entidade de acollida das prácticas no que constará a efectiva
realización das prácticas formativas da persoa beneficiaria, así como o período en que se
desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá
estar debidamente asinado pola persoa representante da empresa, a persoa que exerceu a titoría
das prácticas e mais a persoa que as realizou. Acompañarase dunha proba documental de
asistencia diaria ás prácticas, asinada pola persoa responsable da empresa e a persoa beneficiaria.
2. Unha memoria de actividades que constará de:
a)Breve análise dos resultados obtidos respecto dos obxectivos perseguidos.
b)Resumo da experiencia na estadía formativa, destacando os aspectos socioculturais e
lingüísticos, as destrezas e habilidades adquiridas, os atrancos atopados, o proveito obtido para a
vida laboral e persoal e outras cuestións que se consideren de interese.
c)Indicación das modificacións producidas nas estadías se as houbera, en canto á duración da
mobilidade e posibles cambios de empresas/entidades de acollida das prácticas, así como as
causas que as motivaron.
d)Reportaxe fotográfica que evidencie o lugar de realización da práctica formativa non
remunerada. Cada foto debe ir acompañada dunha breve memoria descritiva.
e) Xustificación da preparación lingüística a través dun certificado emitido pola entidade de
acollida.
f) Documentación que acredite a viaxe ao país de destino: tarxeta de embarque ou billete de tren
ou autobús; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular, deberase xuntar un escrito descritivo
desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías/autoestradas necesarios
para a súa realización.
g) De ser o caso, documentación que xustifique o motivo de forza maior que causou o abandono
ou interrupción das prácticas.

INCUMPRIMENTO DE OBRIGAS. REINTEGRO DA SUBVENCIÓN

1. O incumprimento total ou parcial por parte do/da beneficiario/a das obrigas establecidas nesta
convocatoria orixinará o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas en concepto de
axudas.
2. O importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación
dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:
a) Incumprimento das condicións exixidas para a concesión da axuda, á persoa beneficiaria:
reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.
b) Non realizar a actividade obxecto de subvención, ou adoptar un comportamento contrario ao
que fundamenta a concesión da bolsa: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.
c) Incumprimento das obrigas de presentación de documentación exixida para a xustificación dos
gastos: No caso de que non se presente ningunha documentación procederá o reintegro do 100 %
sobre o gasto subvencionable. No suposto de presentación de parte da documentación exixida ou
de presentación de documentación incorrecta, o importe que se reintegrará será proporcional ao
gasto non xustificado.
d) Incumprimento da obriga de presentar a certificación das prácticas formativas debidamente
cubertas e asinadas así como a proba documental de asistencia diaria ás prácticas: reintegro do
100 % sobre o gasto subvencionable das mobilidades que non se certifiquen.
e) As renuncias/abandonos das prácticas por causa de forza maior debidamente xustificada e
documentada, serán causa de reintegro do gasto subvencionable en concepto de manutención e
aloxamento, proporcional ao número de días deixados de realizar. Considerase causa de forza
maior a sinatura dun contrato de traballo e a enfermidade grave da persoa participante ou a
enfermidade grave/morte dun familiar de ata 2º grao.

Na seguinte enlace podes atopar máis información con respecto ó programa:

Compartir

Check Also

PROGRAMA DA SEMANA SANTA EN RIBADAVIA 2024

Comezan o próximo día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, destinado a nenos de 6 …