A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Economía e Industris ven de publicar as axudas do “Programa do bono das persoas autónomas para o ano 2018”.
Persoas beneficiarias
As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.
Contía da axuda
Consistirá nunha subvención dun 80 % da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta do beneficiario.
Liñas de actuación:
Liña 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:
• Investigación de mercado.
• Plan de márketing.
• Plan de comunicación do negocio.
• Plan estratéxico do negocio.
• Plan crecemento: constitución sociedade.
• Plan de reorientación do negocio.
• Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio.
• Plan de refinanciamento.
Tamén poderanse subvencionar outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.
Liña 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
• Compra de maquinaria.
• Compra de útiles e ferramentas.
• Reforma do local do negocio.
• Equipos informáticos.
• Rótulos.
• Aplicacións informáticas e páxinas web.
• Creación logotipo do negocio.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Para poder presentar as solicitudes ten que premer no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/
Pode consultar as bases íntegras da axuda premendo aquí.