PROGRAMA DE INCENTIVOS Á FORMACIÓN DE PERSOAS TRABALLADORAS OCUPADAS EN SECTORES ESTRATÉXICOS PARA AS EMPRESAS GALEGAS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica no DOG nº 24 do día 2/2/2018 as bases do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas para o ano 2018.

A finalidade deste programa de incentivos é mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos da economía galega, contribuíndo a mellorar a competitividade das empresas que operan nestes sectores identificados como estratéxicos.

Entidades beneficiarias:

Poderán ser entidades beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas con centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, excepto as persoas traballadoras por conta propia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde.

Tamén poderán ser entidades beneficiarias as agrupacións de empresas, que deberán estar constituídas, como mínimo, por dúas empresas non vinculadas entre si con necesidades formativas similares, de tal modo que así se poida alcanzar o número mínimo de alumnado participante que se establece nestas bases. O tamaño máximo da agrupación será de seis empresas.

Prazo de presentación de solicitudes: rematará o día 3 de abril de 2018.

Pode consultar as bases íntegras da convocatoria premendo aquí.

Compartir

Check Also

XORNADAS GASTRONÓMICAS SEFARDÍES EN RIBADAVIA

Xornadas Gastronómicas Sefardíes Venres 27 e sábado 28 de setembro de 2024 Ribadavia acollerá as …