PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA E A FORMACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS

Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR349F).

Persoas beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

Tipos de axudas:

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2022 dos incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
Por medio destes bonos as empresas que soliciten a subvención terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial e para a formación.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Contía da axuda:

As contías varían entre os 4.000 € e os 22.500 €, dependendo do tipo de axuda, número de contratacións realizadas e das características das persoas contratadas.

Forma e prazo de presentación das solicitudes:

a) As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2021 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo remata o último día do mes.

b) As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

c) O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2022, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Pode consultar as bases íntegras da convocatoria na seguinte ligazón premendo aquí.

 

Compartir

Check Also

CONCILIA NO NADAL

23,24,25,26,27, 30 E 31 DE DECEMBRO, 2,34 7 DE XANEIRO. PARA NENOS NENAS DE 3 …