Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola

que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga

2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).

Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Obxecto.

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de

lingua galega Celga 2, 3 e 4 no ano 2021, con código de procedemento administrativo PL500C.

Persoas destinatarias.

. As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da

convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de

novembro e/ou decembro de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola

COVID-19 o permita.

As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na

páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística

(http://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. Localidade Nivel Santiago de Compostela Celga 2 Celga 3 Celga 4 Ponferrada Celga 2 Celga 3 Celga 4.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría

Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas

admitidas.

Presentación de solicitudes e prazo.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.

O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no

enderezo https://sede.xunta.gal. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas

ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política

Lingüística.

Opcionalmente poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros

establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a

presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e

sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e

clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos

dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da

publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil,

entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Documentación complementaria.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Xustificante de pagamento da taxa (código 304401)

b) Copia do certificado de discapacidade expedido por unha Administración distinta da da

Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

Taxas de exame.

16,59 euros.

Os códigos que deben cubrirse son: Consellería: Cultura, Educación e Universidade. Código:07. Delegación: servizos centrais.

Código: 13. Servizo: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 05.

Mais información:

Dog Luns, 13 de setembro de 2021

Compartir

Check Also

CONCILIA NO NADAL

23,24,25,26,27, 30 E 31 DE DECEMBRO, 2,34 7 DE XANEIRO. PARA NENOS NENAS DE 3 …