PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE
Consellería de Emprego e Igualdade.
RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).
Competencias clave que se convocan
Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
Comunicación en lingua galega.
Comunicación en lingua castelá.
Comunicación en lingua estranxeira (inglés
Competencia matemática
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 7 de abril de 2021.
Realización das probas de avaliación en competencias clave
. O/a candidato/a realizará unha proba por cada unha das competencias clave convocadas nas cales se inscribise. A duración da proba en cada competencia clave é dunha hora.
Máis información:
- Diario oficial de galicia.( dog) do día 5 de marzo de 2021
- Servizo de orientación laboral, Agrupación de concellos, de Ribadavia ,Carballeda de Avia, ,Castrelo de Miño . telef 988477100