PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES REGULADOR DO CONCURSO PÚBLICO PARA A CONCESIÓN DEMANIAL DE POSTOS DA PRAZA DE ABASTOS MUNICIPAL DO CONCELLO DE RIBADAVIA
Considerando que é de interese público que os postos da Praza de Abastos estén en funcionamento para a mellor prestación do servizo aos veciños e veciñas, e, en canto que as concesións xeran ingresos públicos.
Considerando que a explotación dos postos da Praza de Abastos require unha concesión administrativa consonte ao previsto nos artigos 84.1 da Lei de Patrimonio das Administracións Públicas e 78.1.a) do Regulamento de bens das entidades locais.
Considerando que consonte dispón o artigo 93.1 da Lei de Patrimonio das Administracións Públicas “ o outorgamento de concesións sobre bens de dominio público efectuarase en réxime de concorrencia competitiva”
Pode consultar as bases na seguinte ligazón: BASES POSTOS PRAZA ABASTOS