PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARTICULARES PARA O CONTRATO DE ALUGUER PARA A EXPLOTACIÓN DOS LOCAIS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO DE VILAS VIVAS

OBXECTO DO CONTRATO

1 – É obxecto do presente contrato o aluguer dos diferentes locais que posue o Concello de Ribadavia e que forman parte do Proxecto de Vilas Viva tal e coma veñen reflectidos no ANEXO I.
2 – Os diferentes adxudicatarios poderán utilizar privativamente o local que lles corresponda para o desenvolvemento da actividade do obxecto principal e complementaria que figuren na súa oferta.
Os locais destinados aos diferentes contratos de aluguer, están equipados con bens e instalacións que se relacionan no ANEXO Il deste prego, quedando afectos ao desenvolvemento da actividade, e que, en caso de avaría ou deterioración, deberán de ser repostos pola adxudicataria en beneficio do Concello. Os elementos e instalacións complementarios que puidese engadir a adxudicataria pola súa conta sobre os consignados no ANEXO Il serán da súa plena e exclusiva propiedade e poderán ser retirados por esta ó fin do contrato.

VER DOCUMENTO COMPLETO

Compartir

Check Also

ANEXO E PREGOS PARA ARRENDAMENTO DE LOCAL DE VILAS VIVAS

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARTICULARES QUE REXERAN NA ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DE …

Idioma / Language »