O pleno do concello de Ribadavia na sua sesión ordinaria celebrada o día 29 de maio de 2025 aprobou a seguinte declaración institucional:
Diante das noticias e imaxes que nos chegan desde a Franxa
de Gaza, o Conce de Ribadavia quere manifestar pública e
enerxicamente o seu repudio a todo at e acción que provoque
tan graves violacións dos dereitos humanos e dos dereitos
fundamentais de civis e persoas protexidas, especialmente
nenos e nenas, incluíndo a perda de innumerables vidas.
Facemos un chamamento para que Israel permita a entrada sen
restricións de axuda humanitaria a poboación civil na zona,
e para que se impoña na zona por parta da Comunidade
Internacional, de maneira inmediata e sen reservas, o
cumprimento das normas do Dereito Internacional Humanitario
e o cese definitivo da violencia.
Concello de Ribadavia Concello de Ribadavia