PANTILLA PARA RECLAMACIÓN DOS DANOS DO TEMPORAL

Son moitas as incidencias por mor do temporal do temporal da fin de semana pasada, dende caídas de árbores, tellas, desprendementos, obstáculos nas estradas, etc,. Rexistráronse moitos danos materiais en casas. Por sorte non temos que lamentar ningún dano nas persoas.
O temporal deixou moitos fogares e negocios sen subministración eléctrica e sen servizo telefónico.
Todas aquelas persoas que se viron afectadas polos cortes no suministro eléctrico e da liña de teléfono poden achegarse á Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) que temos ao seu servizo no Concello de Ribadavia. Este servizo pon á súa disposición unha plantilla de reclamación para facer mais sinxelo o trámite.

Pode consultar a plantilla de reclamación aquí. 

Compartir

Check Also

CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A SELECCIÓN DE BAIXOS COMERCIAIS NO PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL DO CASCO HISTÓRICO DE RIBADAVIA.

O Concello de Ribadavia, promove a dinamización do seu casco histórico mediante a activación de …