OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2019

Visto o artigo 91.1 da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local , o artigo 128.1 do Real Decreto Lexislativo 781/1986 que aproba o Texto Refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e artigo 70 do Texto Refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público e Real Decreto 1449/2018 polo que se establece o coeficiente reductor da idade de xubilación dos policías locais.

Visto o decreto de alcaldía de data 2 de xaneiro de 2019, publicado no DOG núm 20 de 29 de xaneiro de 2019, proceder a súa ampliación.

Visto o artigo 21.1.g) da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local,que atribúe a esta Alcaldía a aprobación da oferta de emprego público .

 

DECRETO:

Primeiro.- Aprobar a oferta de emprego público para o presente exercicio:

Cinco prazas de axentes da policía local pertencente á escala de Administración Especial, subescala servizos especiais e clase de Policia local, subgrupo C1. Tres (3) prazas por sistema de provisión libre e dúas (2) prazas por sistema de concurso de méritos para a quenda de mobilidade horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da Comunidade autónoma de Galicia.

Segundo.- Publicar a oferta de emprego público na páxina web do concello, no seu taboeiro de anuncios e no Diario Oficial de Galicia.

 

 

Compartir

Check Also

Axuda Material Escolar

  O Concello de Ribadavia convoca Axudas de Material Escolar para o Curso escolar 2024-2025. …