O Pleno do concello de Ribadavia, reunido en sesión ordinaria o día 28 de maio de 2020, adoptou por unanimidade o seguinte acordo:

1) Que o Concello de Ribadavia denuncie publicamente este sistemático recorte de servizos no noso centro de saúde, e demande ao goberno galego a adecuación dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do servizo galego de Saúde ás necesidades reais dos nosos centros de saúde e dotalos de persoal, necesario para garantir unha atención accesible e de calidade.

2) Que o concello de Ribadavia esixa ao goberno galego o cese da política de desmantelamento e peche dos servizos no PAC de Ribadavia.

3) Reiterar as mocións aprobadas neste Pleno a favor dos servizos do PAC de Ribadavia e da reforma do propio edificio.

4) Reiterar o cumprimento dos puntos e mocións aprobados en anteriores plenos municipais.

5) Comunicar a presente moción da corporación municipal de Ribadavia á Consellería de Sanidade, ao conxunto dos concellos do Ribeiro e da área sanitaria do CHUO, así como ao conxunto da poboación e dar, cos medios posibles para o concello, a máxima difusión ao seu contido, cando menos en:

– Difusión en prensa por parte do Concello.

– Difusión na web municipal e nas redes sociais oficiais do concello.

César Fernández Gil

Alcalde de Ribadavia

Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir