
O vindeiro 4 de outubro volvemos encher as rúas de bicicletas cunha xornada para gozar do deporte, compartir en familia e percorrer xuntos Ribadavia, Francelos e San Cristovo.
📍 Saída: Praza Maior
🕚 11.00 h
🎒 Desde as 10.00 h, entrega de mochilas e camisetas ás persoas inscritas.
As 200 primeiras inscricións recibirán unha mochila e unha camiseta conmemorativa, e ao remate haberá sorteo de 2 bicicletas entre todas as persoas participantes.
📝 Inscricións abertas ata o xoves 1 de outubro en deportesribadavia.es
Saca a bici, xunta a familia e as amizades e ven celebrar connosco 30 edicións pedalando por Ribadavia.
Concello de Ribadavia Concello de Ribadavia