Esta liña de axudas conta con unha dotación de 20.000€ e pretende contribuir a reducir o impacto do peche decretado pola situación sanitaria no sector da hostelería e restauración, así como o impacto que este peche supón en proveedores destes negocios.
A Xunta de Goberno do Concello de Ribadavia ven de aprobar unha liña de xudas para a hostelería, restauración e actividades auxiliares destas, con unha dotación de 20.000€. As axudas, que poderán solicitarse durante dez días naturais despois da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia, son unhas axudas liniais de 300€ por beneficiario, no caso da hostelería e restauración, e de 200€ por beneficiario no caso das actividades auxiliares.
Estas axudas, que serán compatibles con calquera outra medida, axuda ou subvención adoptada por calquera outra administración pública ou ente público ou privado; están dirixidas a autónomos e pemes do sector da hostelería e restauración e de actividades auxiliares. Por actividades auxiliares enténdense aquelas que se ven afectadas por ser proveedores directos do sector da hostelería e restauración que, tal e como se sinala nas bases aprobadas hoxe son: carnicerías, pescaderías, fruterías, panaderías e distribución de bebidas.
Entre os requisitos básicos para poder optar a estas axudas atópase a obrigatoriedade de estar censado en Ribadavia e que o domicilio fiscal e, no seu caso, o local de desenvolvemento da actividade se atopen no termo municipal de Ribadavia. No caso das axudas ás actividades auxiliares da hostelería e restauración para poder acceder a dita axuda deberán presentar unha declaración xurada na que conste o listado de establecementos de hostelería, coa súa sede social en Ribadavia, dos cales estes negocios son proveedores. Esta declaración xurada, sinalará tamén que a cifra total de ventas destes negocios ao total dos establecementos hosteleiros que sinalan no listado non é inferior a 9.000€ / ano.
Compartir