O CONCELLO DE RIBADAVIA INICIA AS OBRAS DE RENOVACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO NO CASTRO EN SAMPAIO. ● A actuación consiste na renova

ción de 230 metros lineais de rede substituíndo as anteriores tuberías de fibrocemento, e na renovación de todas as acometidas de auga domésticas existentes neste tramo.
● A obra lévase a cabo con cargo á partida de 12.000€ que, para esta finalidade concreta de renovación da rede de abastecemento do Castro, contempla o orzamento municipal de 2019 aprobado no mes de xullo.

Ribadavia, 26 de novembro de 2019.- O concello de Ribadavia ven de iniciar a obra de renovación da rede de abastecemento de auga na zona do Castro en Sampaio. Esta obra lévase a cabo con cargo á partida orzamentaria de 12.000€ que, para esta finalidade concreta, contemplaba o orzamento de 2019 aprobado no Pleno do mes de xullo.

A obra que se está levando a cabo consiste na renovación de 230 metros lineais de rede substituíndo a tubería de fibrocemento por unha tubería nova. Asemade, na obra procederase á renovación de todas as acometidas domésticas existentes no tramo da rede de abastecemento no que se está a actuar.

Compartir

Check Also

CONCILIA NO NADAL

23,24,25,26,27, 30 E 31 DE DECEMBRO, 2,34 7 DE XANEIRO. PARA NENOS NENAS DE 3 …