NOVA REVISTA DE DIFUSIÓN E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE RIBADAVIA

Baixo o título “Ribadavia, chea de vida” e coa imaxe do Valparaiso como un dos emblemas paisaxísticos de Ribadavia, a concellería de Enoturismo do Concello de Ribadavia acaba de sacar a luz unha nova publicación que xunta a información coa promoción turística de Ribadavia e da comarca do Ribeiro. O tema paisaxístico e natural gana peso nesta nova revista debido a maior demanda de turistas e visitantes polos espazos naturais, os ríos, as termas e as paisaxes, a auga e natureza teñen protagonismo, neste eido Ribadavia é un concello privilexiado , o municipio está cruzado por 5 ríos e regatos, varios puntos de augas minero medicianis e as Termas de Prexigueiro en destaque.
O turista pide praias fluviais, paseos, sendas e lugares con encanto paisaxístico e natural, e tamén visitar monumentos emblemáticos coma o castelo, as igrexas románicas, os mosteiros, museos e aldeas con encanto. Xunto coa oferta natural e patrimonial, Ribadavia aposta polo enoturismo na comarca do Ribeiro. Toda a revista trata a comarca do Ribeiro como unha parte inseparabel de Ribadavia. Vivimosinmersos nun mundo, e ese mundo máis próximo e familiar é a comarca do Ribeiro, por iso esta publicación fai especial reseña dos principais atracticos turístico da comarca do Ribeiro.
Punto e aparte merece o viño, máis en concreto o enoturismo, destacando o apartado do Camiño do Viño, un roteiro que tenta dar a coñecer o patrimonio cultural da comarca baseado no viño, e a sua ligazón con Compostela, a idea e atraer ao peregrino que chega a Compostela para que o seu punto final sexa Ribadavia e a sua comarca, despois de Compostela hai que vir descansar e recuperarse a Ribadavia, onde o viño e as augas termales son a terapia adecuada despois xa do desgaste físico e anímico que supón o camiño xacobeo.
A Ruta do Viño do Ribeiro e o Consello regulador do Ribeiro son parte importante desta publicación cuxo fin é poñer a disposición do turismo unha ferramenta de consulta onde poida atopar unha oferta variada e adaptada as necesidades de cada un. A revista é posible grazas á axuda de parte da hostalaría de Ribadavia, das Termas de Prexigueiro e do consello regulador da d.o. Ribeiro.
A distribución desta revista levarase a cabo nun primeiro momento na oficina municipal de turismo de Ribadavia e comezarase a distribuir a posteriori nos establecementos hostaleiros, termas, balnearios e empresas turísticas da comarca do Ribeiro e doutros puntos da provincia de Ourense e Pontevedra, así como oficinas de turismo e museos.
Compartir

Check Also

ACTA DEFINITIVA DE BRIGADA DE INCENDIOS

ACTA DEFINITIVA DE BRIGADA DE INCENDIOS Pode consultar a resolución definitiva premendo aquí. Compartir